|
Realizar publicacións directamente relacionadas co obxecto do servizo que un museo debe ofrecer, e proceder á difusión das mesmas, é un dos labores realizados nesta entidade dende os seus comezos.
Aínda que os apuros económicos dos primeiros anos non permitían grandes tiradas nin edicións luxosas, sempre existiu o propósito de difundir todo o relativo á cultura pontevedresa –particularmente o referente á arqueoloxía, historia e arte–, estendida en ocasións ó resto de Galicia.
Actualmente, o Museo de Pontevedra edita, ademais da súa revista anual, os catálogos das exposicións celebradas, onde cabe destacar as exposicións de verán e a Bienal de Arte de Pontevedra, organizadas pola Excma. Deputación Provincial dende o propio Museo, e diversas monografías con variada temática, relacionadas sobre todo con fondos, tanto artísticos como bibliográficos e documentais, e actividades propias da entidade.
|
 |
Cuberta do libro 75 obras para 75 anos Museo de Pontevedra, 2003 |
|