Presentación de 14 poemas, de Avelino Díaz

Actualizado 07/12/2017 10:03

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto acollerá ás oito da tarde do 12 de decembro a presentación do libro 14 poemas, de Avelino Díaz.

Trátase dunha edición crítica, con traducións ao alemán, castelán, francés e inglés, de catorce poemas que Avelino Días lle enviara a Filgueira Valverde en marzo de 1936. Estes ían ser incluídos na Escolma lírico galega que proxectara o Seminario de Estudos Galegos para celebrar o centenario de Rosalía de Castro en 1937, un proxecto que se truncou a causa da guerra civil.

A edición e estudo crítico son do profesor Benigno Fernández Salgalo. As traducións dos poemas foron obra de John Rutherford, Fina Penalta, Edmon Ferly e Tina Poethe.

Avelino Díaz (1897-1971) foi un poeta xornalista galego nos medios escritos da diáspora arxentina. Dirixiu os xornais Galicia, Lugo e Opinión Gallega. Foi membro do Consello de Galiza e do Centro Gallego de Buenos Aires e correspondente da Real Academia Galega.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra