V Festival internacional de creación musical contemporánea Vertixe Sonora

Actualizado 14/11/2017 00:00

museo de pontevedra

O sábado 18 de novembro ás 20:30 h dará un concerto no Sexto Ensemble TaG dentro do V Festival internacional de creación musical contemporánea Vertixe Sonora.

O grupo, composto por músicos da cidade suíza de Winterthur, está firmemente comprometido coa produción musical actual.

MÚSICA (IN)VISIBLE

A música ten un impacto moi forte na percepción visual. As bandas sonoras das películas explotan con eficacia esta característica. Do mesmo xeito o aspecto visual nun recital ten tamén unha influencia igualmente importante na percepción da música. O sentido visual está hoxe máis que nunca desenvolvido e dominante, polo que non é sorprendente que se poida afirmar sen dúbida que se escoita un concerto tamén cos ollos. A música que se propón subliña este feito combinando obras con texturas moi sensuais cun enorme potencial para suxerir fortes imaxes visuais nos oíntes: os sons espectrais de Sciarrino e Scelsi, as poderosas oscilacións en Schaukel (randeeira), a puxanza rítmica en Rolda ou o forte contraste do branco e o negro en Schwarzweiss (branco/negro). Por último a obra de Mischa Käser fai referencia á figura do artista Max Ludwig Nansen na novela Der Deutschstunde (traducida como Lección de alemá) de Sigfried Lenz.

Programa das obras e compositores:

EDU HAUBENSAK. Schwarz Weiss (1979) para piano só

STEFAN KELLER. Schaukel (2015) para piano violín e viola

SALVATORE SCIARRINO. Piano Trio Nr. 2 (1987) para violín, violonchelo e piano

GIACINTO SCELSI. Dúo (1965) para violín e chelo

MISCHA KÄSER. Das Bild des M.L.N. (1983) para violín só

FRANCO DONATONI Ronda (1984) para violín, viola, violonchelo e piano


ENSEMBLE TAG Mateusz Szczepkowski violín | David Schnee viola | Alex Jellici violoncello | Rafael Rütti piano

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra