Retrato de esguello. Contacontos para público infantil e familias

Actualizado 13/11/2017 00:00

museo de pontevedra

O sábado 18, ás 17:30 h, vai ter lugar no Sexto Edificio unha nova sesión de contacontos e obradoiro de debuxo, neste caso vinculados á figura de Luis Seoane. Leva por título Retrato de esguello e chega da man de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, voz e ilustrador, respectivamente, dos contos de Polo Correo do Vento.

É outra das actividades que complementan o festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes, pensadas para gozar en familia e orientadas a un público infantil a partir de 5 anos. A entrada é de balde, ata completar aforo. Non se precisa inscrición.

Ao remate da narración, nenas e nenos poderán participar nun obradoiro de debuxo guiados da man do ilustrador.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra