VII Encontro de Conservación e Restauración

Actualizado 03/11/2017 00:00

museo de pontevedra

Ver retransmisión en directo

A sétima edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia está dedicada á problemática particular que presenta a conservación dos metais arqueolóxicos, uns dos máis necesitados dun tratamento de conservación. Vaise celebrar no Sexto Edificio do 15 ao 17 de novembro.

As inscricións realizaranse na Secretaría do Museo de Pontevedra (secretaria.museo@depo.es, teléfono 986 804 100, ext. 42436) por rigorosa orde de rexistro de entrada ata completar as 240 prazas do Salón de Actos.

Información: secretaria.museo@depo.es; teléfono 986 804 100, ext. 42436.

Formulario de inscrición

Mércores 15 de novembro

9:30 h Acto de inauguración

10:00 h “Introdución ao estudo dos materiais históricos: porque e como”

Mar Gener

Arqueometalurgo. Centro Nacional de Investigaciones Metalúrgicas (CENIM)-CSIC Grupo de Corrosión y Protección de Metales en Patrimonio Cultural y Construcción (COPAC)

11:30 h Descanso

12:00 h “Teoría e praxis da intervención sobre ferros arqueolóxicos”

Jesús Alonso

Arqueólogo especialista en conservación e restauración

13:30 h Coloquio

16:30 h “Revisión crítica dos procesos de corrosión e sistemas de estabilización de obxectos arqueolóxicos de ferro. Un caso práctico de caracterización de produtos de corrosión e extracción de ións cloruro”

Francisco Rodríguez

Propietario de The Oak Restauración y Diseño S.L.

18:00 h “Estudo preliminar da efectividade da pre-consolidación de ferro arqueolóxico para estabilizar os ións cloruro durante o seu almacenamento / A corrosión dos obxectos de ferro durante a almacenaxe: estudo previo da efectividade de tres resinas acrílicas como protección”

Montserrat Lastras

Docente e investigadora do Departamento de Conservación y Restauración de Bienes Culturales da UPV

19:30 h Coloquio

20:00 h – 21:30 h Visita salas Museo – Sexto Edificio

Xoves 16 de novembro

9:30 h “A ciencia ao servizo da conservación e restauración do patrimonio metálico”

Blanca Ramírez

Química e restauradora. Centro Nacional de Investigaciones Metalúrgicas (CENIM-CSIC)

11:00 h Descanso

11:30 h “A conservación de metais de procedencia arqueolóxica: estado da cuestión”

Emma García

Conservadora-restaurado do IPCE

13:00 h Coloquio

16:30 h “Aplicacións da microscopía electrónica de barrido ao estudo dos metais arqueolóxicos”

José Navarro

Xeólogo. Laboratorio de Análisis de Materiales del Instituto del Patrimonio Cultural de España

18:00 h “O proceso de intervención do caldeiro de remaches de bronce de Monte do Castro

Lucía Espiño

Conservadora-restauradora de bens culturais

19:30 h Coloquio

20:00h – 21:30 h Visita Salas Museo – Edificio Sarmiento

Venres 17

9:30 h “A chaqueta metálica. Escavando as armaduras dos últimos lexionarios romanos en Hispania”

Miryam Hernández

Restauradora do Museo de León

11:00 h Descanso

11:30 h “A degradación do patrimonio metálico en museos e exposicións. Efectos sinérxicos causados pola contaminación e conservacións preventiva”

Diana Lafuente

Investigadora en conservación do patrimonio. Colaboradora do IPCE

13:00 h Coloquio

3:30 h Clausura

Descargar programa en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra