O Museo de Pontevedra en curtametraxes. Festival audiovisual infantil e xuvenil.

Actualizado 25/10/2017 00:00

museo de pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do Museo de Pontevedra, organiza o Festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes, que ten como obxectivo fomentar e divulgar entre o público infantil e xuvenil da nosa provincia o patrimonio cultural. Con esa finalidade, ademais de propoñerlles a realización dunha curtametraxe sobre as obras e coleccións expostas nos edificios do Museo abertos ao público, ofréceselles a posibilidade de asistiren a unha serie de actividades complementarias que lles facilitan o coñecemento dos seus fondos e a escolla do tema para tratar.

REALIZACIÓN DUNHA CURTAMETRAXE

Deberá ter unha duración máxima de 5 minutos e versar sobre calquera obra ou conxunto delas exposto nos edificios Sexto, Sarmiento e Ruínas de San Domingos.

Pode participar o alumnado dos centros de ensino, tanto públicos coma privados, que impartan 5º e 6 º de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bach

Haberá catro categorías: infantil (5º e 6º de primaria), benxamín (1º e 2º ESO), alevín (3º e 4º ESO) e cadete (Bacharelato, Grao Medio e Formación Profesional Básica) e outorgaranse dous premios por cada unha delas.

Nos vindeiros días publicaranse as bases e folla de inscrición.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA OS CENTROS DE ENSINO

Para facilitar a realización desta curtametraxe o Museo de Pontevedra colaborará con todos os centros de ensino que impartan Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Graos medios ou Formación Profesional Básica convidándoos a realizaren unha visita guiada sobre a temática escollida (incluíndo as Ruínas de San Domingos) e elixir un dos seguintes obradoiros:

  • Prehistoria (Petróglifos, Pintura rupestre, Moenda)
  • Artes plásticas: (Pintura: técnicas e xéneros; Escultura: técnicas)
  • Actividade nas Ruínas : “Na procura das bestas”

O Museo financiará, ata esgotar a dotación orzamentaria, un autobús por categoría de participación, e ata dous autobuses por centro, no caso de participar en máis categorías. Quedarán excluídos da axuda os centros escolares do núcleo urbano da cidade de Pontevedra.

Non é requisito participar nas actividades sinaladas para realizar a curtametraxe. Pero, no caso de participar nelas, é obrigatoria a presentación ao Festival da devandita curtametraxe.

DESCARGAR FORMULARIO DE SOLICITUDE

ACTIVIDADES PARA O PÚBLICO INFANTIL , XUVENIL E AS FAMILIAS

A participación neste bloque de actividades non esixe a realización da curtametraxe, que é opcional para os e as menores.

Visitas guiadas ao Museo de Pontevedra:

  • A ruta do Museo: sábado, de mañá
  • Achégate ao Sexto: domingo de mañá

Visita guiada ás Ruínas de San Domingos coa actividade “Na procura das bestas” . Domingos pola mañás ás 12 h.

“Arte cos sentidos” (percorrido sensorial dinámico e creativo sobre un conxunto de obras do Sexto Edificio). Sábados 11 de novembro e 2 de decembro, ás 17:30h.

O bestiario medieval. Obradoiro. Sábados 4 e 25 de novembro, ás 17:30 h.

Contacontos relacionado cunha obra exposta no Museo: venres 27 de outubro e martes 31 de outubro, ás 18 h. Sábados 18 de novembro e 16 de decembro, ás 17:30 h.

DESCARGAR FORMULARIO DE SOLICITUDE

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra