Ven coñecer o Museo

Actualizado 17/10/2017 00:00

museo de pontevedra

Todas as fins de semana, ata o 30 de xuño de 2018, as persoas que o desexen poden participar no programa de visitas guiadas Ven coñecer o Museo, unha invitación a descubrir a historia e as coleccións do Museo de Pontevedra. A asistencia a calquera dos itinerarios é gratuíta.

A Ruta do Museo

Ruta guiada na que se pretende unha aproximación á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.

Data: tódolos sábados

Hora: 11:30 h

Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

Duración: 90 minutos

Para participar é necesaria a inscrición previa a través do enderezo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ao teléfono 986 804 100 extensión 42413.

O horario de atención de chamadas e de correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30 h.

Achégate ó Sexto!

Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións.

Data: domingos

Hora: 11:30 h

Punto de encontro: Sexto Edificio

Duración: 90 minutos

(Non é necesaria a inscrición previa)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra