Visitas comentadas ás Ruínas de San Domingos

Actualizado 29/09/2017 00:00

museo de pontevedra

Ampliado ao mes de outubro o programa de visitas comentadas ás Ruínas de San Domingos nas que, na compaña do persoal do Gabinete didáctico, se falará da súa fundación, do esplendor do convento, das características da súa arquitectura gótica - cunha cabeceira excepcional no ámbito galego -, dos diferentes usos polos que pasou e do seu progresivo abandono.

Ademais comentaranse algunhas das pezas máis significativas que custodia, tanto propias como foráneas: capiteis, laudas gremiais, sepulcros de nobres, a colección de heráldica…

Estas visitas son de balde e non é preciso inscribirse.

De martes a sábado:

- Mañás - 10:30 h e 12 h

- Tardes – 17:30 h e 19 h

Domingos e festivos: 12h

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra