Audicións de Música Clásica Comentadas. Segundo Semestre

Actualizado 26/09/2017 00:00

museo de pontevedra

A partir do 6 de outubro comeza a segunda parte da oitava edición das Audicións Comentadas, dirixidas e presentadas polo profesor Manuel López-Benito.

Os dous ciclos que corresponden a este segundo semestre do ano tratarán das “Grandes obras da Música Clásica” o primeiro, e “A ópera: fonte inesgotable de pracer” o segundo.

Cada un dos ciclos desenvolverase en catro xornadas que terán lugar os venres de 19:30 a 21:30 h

GRANDES OBRAS DA MÚSICA CLÁSICA

Venres 6, 13, 20 y 27 de outubro 2017

Continuando cos ciclos de anos anteriores de Grandes Obras de la Música Clásica, escoitaremos e estudaremos en profundidade desde o punto de vista programático, estético, histórico e musical, algunhas das máis importantes páxinas musicais da Historia da Música Clásica. Unha maneira diferente de achegarse a estas obras co obxectivo de aumentar a emoción da súa escoita

A ÓPERA: FONTE INESGOTABLE DE PRACER

Venres 3, 10 e 24 de novembro e 1 de decembro de 2017

Fieis á nosa cita coa ópera, un ano máis, dedicamos un ciclo á música escénica ilustrado coa audición de grandes óperas. Entre os obxectivos deste bloque temático están: a análise musical de cada ópera, as súas claves internas, a súa contextualización histórica, o compositor, a posta en escena, e todos aqueles elementos relevantes cuxo coñecemento axudan a un maior desfrute da obra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra