Visita guiada por Manuel Moldes á súa obra situada no Centro da UNED de Pontevedra

Actualizado 14/09/2017 00:00

museo de pontevedra

Como complemento da exposición Pontevedra suite. Manuel Moldes, que actualmente se celebra no Sexto Edificio, o próximo venres, día 15 de setembro, ás 17:30 h, realizarase unha visita guiada co autor á obra deste artista situada no Centro da UNED en Monteporreiro – Pontevedra.

As persoas interesadas poden participar de forma gratuíta inscribíndose no punto de información do Sexto Edificio de 10 a 21h, ou chamando ao teléfono 986 804 100 extensión 42415

Saída: fronte ao Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra

Destino: Centro da UNED en Monteporreiro – Pontevedra

Regreso: parada do Bus en Avda. Buenos Aires de Pontevedra

Horario: de 17:30 a 19:30 h

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra