Visitas guiadas á exposición Pontevedra suite de Manuel Moldes

Actualizado 07/08/2017 00:00

museo de pontevedra

Todos os sábados ás 19 h o Gabinete Didáctico realizará visitas comentadas á exposición Pontevedra Suite que recolle a obra do artista pontevedrés Manuel Moldes realizada durante uns anos transcendentais no seu proceso creador. O programa comeza o sábado 12 de agosto e conclúe o 16 de setembro.

Para participar nestas visitas non é necesario inscribirse, só estar puntual na recepción do Sexto Edificio. Os grupos que de forma organizada queiran solicitar unha visita guiada á exposición fóra deste horario, terán que poñerse en contacto co Gabinete Didáctico en: gabinetedidactico.museo@depo.es ou 986 804 100 (horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 14:30).
VER INFORMACIÓN SOBRE A EXPOSICIÓN

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra