Exposición Novos Valores 2017. Obra seleccionada

Actualizado 02/08/2017 00:00

museo de pontevedra

Ademais das catro obras premiadas coa bolsa para estudos artísticos, na exposición Novos Valores 2017. Obra seleccionada, que se exhibe no claustro superior do edificio Sarmiento desde o 3 de agosto ata o 17 de setembro, tamén se poderán ver as 33 obras seleccionadas polo xurado do certame entre os 101 novos artistas que presentaron as súas creacións en soportes e disciplinas variadas.

As bolsas para ampliación de estudos artísticos coas que está dotado o certame recaeron en catro obras de diversos artistas: a obra titulada Balcones (serie) é unha escultura realizada en madeira de balsa por Yolanda Ríos Coello, de Bueu. O xurado tamén elixiu a obra titulada Espacios definidos, unha peza que mestura debuxo e fotografía de María de la Luz Feijóo Cid, de Baiona; a fotografía Crebas de ti, eu, unha obra dixital en cor de Aitor Víctor Fernández Marcos, de Ourense e, por último, o debuxo que leva o título de A Viaxe e corresponde a Borja Guerrero Parapar, de Pontevedra.

Yolanda Ríos Coello. Balcones (serie)

Malú Feijóo. Espacios definidos

Aitor Víctor Fernández Marcos. Crebas de ti, eu

Borja Guerrero Parapar. A viaxe

Catálogo para visualizar

Catálogo para imprimir

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra