Visitas comentadas ás Ruínas de San Domingos

Actualizado 03/07/2017 00:00

museo de pontevedra

Do 4 de xullo ao 30 de setembro, poderase gozar, na compaña do persoal do Gabinete didáctico, dunha visita comentada ás Ruínas de San Domingos, onde se falará da súa fundación, o esplendor do convento, as características da súa arquitectura gótica - cunha cabeceira excepcional no ámbito galego -, os diferentes usos polos que pasou e o seu progresivo abandono.

Ademais comentaranse algunhas das pezas máis significativas que custodia, tanto propias como foráneas: capiteis, laudas gremiais, sepulcros de nobres, a colección de heráldica…

Estas visitas son de balde e non é preciso inscribirse.

De martes a sábado:

- Mañás - 10:30 h e 12 h

- Tardes – 17:30 h e 19 h

Domingos e festivos: 12h

VER VISITAS DE VERÁN AOS EDIFICIOS SEXTO E SARMIENTO

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra