Visitas de verán 2017

Actualizado 29/06/2017 00:00

museo de pontevedra

A partir do sábado 1 de xullo e ata o 30 de setembro, o Museo pon en marcha as visitas guiadas para aquelas persoas que, sen formar parte dun grupo concertado, queiran coñecelo da man do persoal do Gabinete Didáctico.

Nestes percorridos farase fincapé nalgunhas das obras máis representativas das coleccións expostas nos edificios Sexto e Sarmiento, para ir descubrindo aos poucos algúns dos tesouros que agochan.

Para participar non é preciso inscrición, simplemente achegarse á recepción do Sexto no seguinte horario:

De martes a venres: 12h e 19h

Sábados e domingos: 12h

Cada visita ten unha duración aproximada de 75 minutos

Os grupos organizados poden realizar as visitas a calquera outra hora, dentro do horario de apertura do Museo ao público, pero deben pedir cita con antelación.

VER VISITAS COMENTADAS ÁS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra