Iso segue o seu curso. Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación

Actualizado 06/06/2017 00:00

museo de pontevedra

Do 8 de xuño ao 9 de xullo na planta baixa do Sexto permanecerá aberta ao público a exposición Iso segue o seu curso 2017. A inauguración será o xoves 8 ás 20 h.

Iso segue o seu curso 2017 é unha nova edición (a quinta xa) na que a Deputación de Pontevedra, o Museo de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo unifican esforzos para promover mediante unha exposición as novas carreiras artísticas que xorden dende o Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación que se imparte na nosa Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra.

Desta volta son 21 os e as artistas presentes.

Eric Balbuena

Ricardo Campos

Patricia Coucheiro

Marta Cousiño

María Xosé Domínguez

Iago Fernández

Yatir Fernández

María García

Merce González-Anleo

Blanca Nieves Lourés

Montse Martínez

Gabrielle Mendieta

Macarena Montesinos

Olivia Oltmanns

Ana Pérez Valdés

Dmitri Pino

Marta Quinteiro

Miriam Rodríguez Méndez

Irene Romero

Vanesa Soares

Aitana Tubío

Todos eles diplomados deste posgrao que amosarán no Sexto Edificio, o espazo artístico máis importante da cidade do Lérez, as investigacións plásticas que no eido da pintura, escultura, instalación, fotografía e vídeo viñeron desenvolvendo ao longo deste curso académico. E se variados son os formatos que se ven na sala aínda máis plurais son os diversos intereses, asuntos e conceptos que vertebran as obras expostas.

Un proxecto expositivo no que as tres entidades organizadoras convidan á cidadanía e aos visitantes do Museo non só a contemplar ás obras e creacións destes novos valores da arte galega se non, e sobre todo, a facelos copartícipes das súas inquedanzas e devezos de pensamento.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra