Obradoiros de Verán 2017

Actualizado 02/06/2017 00:00

museo de pontevedra

Durante os meses de xullo e agosto, o Museo de Pontevedra oferta 90 prazas para nenas e nenos de entre 5 e 13 anos para participar nos obradoiros de verán.

En xullo levaranse a cabo os obradoiros de cerámica Bosquexa no barro, e no mes de agosto os Obradoiros de prehistoria.

Prazo de inscrición: comeza o luns 5 de xuño e remata o xoves 15 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación ou na delegación de Vigo.

Adxudicación das prazas: No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, estas adxudicaranse por sorteo público o martes 20 de xuño ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo.

Listas de admitidos: os pais/nais deberán estar pendentes da consulta das listas de admitidos que se farán públicas a través da web do Museo a partir do mércores 21 de xuño. Tamén poderán consultalas no punto de información do Sexto Edificio.

XULLO

BOSQUEXA NO BARRO – Obradoiro de cerámica.

O artesán e profesor da Asociación Alba, Germán Iglesias, presenta este ano un novo obradoiro que pretende aproveitar os recursos que ofrece o bosque galego para a confección e decoración de pezas de cerámica, incidindo así no valor e a importancia dos ecosistemas e de como a evolución dos mesmos deu lugar a formas e estruturas.

Número de participantes: 15 por obradoiro.

Nenos/as de 5 a 7 anos

Do 3 ao 7 de xullo (10:30 a 12:30 h)

Nenos/as de 8 a 10 anos

Do 10 ao 14 de xullo (10:30 a 13:00 h)

Nenos/as de 11 a 13 anos

Do 17 ao 21 de xullo (10:30 a 12:30 h)

AGOSTO

OBRADOIROS DE PREHISTORIA

O canteiro e escultor Marcos Escudero dirixirá esta viaxe de descubrimento pola prehistoria a través de diferentes obradoiros relacionados coa talla lítica, o gravado e a pintura rupestre, a cestería, o uso dos muíños de man e as diferentes técnicas para facer lume. Esta parte práctica completarase con ilustracións e réplicas que axudarán a comprender mellor o xeito de vida daquelas sociedades.

Número de participantes: 15 por obradoiro.

Nenos/as de 7 a 8 anos

Do 1 ao 4 de agosto (10:30 a 12:30 h)

Nenos/as de 9 a 10 anos

Do 8 ao 11 de agosto (10:30 a 12:30 h)

Nenos/as de 11 a 13 anos

Do 22 ao 25 de agosto (10:30 a 12:30)

DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Listaxe de admisións

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra