Visitas guiadas á exposición Caruncho, sempre

Actualizado 31/05/2017 00:01

museo de pontevedra

Todos os sábados ás 19 h o Gabinete Didáctico realizará visitas comentadas á exposición antolóxica que o Museo dedica a Luís Caruncho. O programa comeza o sábado 3 de xuño e conclúe o 8 de xullo.

Con estas visitas comentadas convidamos ao público a achegarse, dunha maneira sinxela, á figura de Luís Caruncho, seguindo as pautas que o amigo do pintor e comisario da mostra, Miguel Fernández-Cid, estableceu nelas para dar a coñecer diferentes trazos da súa personalidade artística.

Para participar nestas visitas non é necesario inscribirse, só estar puntual na recepción do Sexto Edificio.

Os grupos que de forma organizada queiran solicitar unha visita guiada á exposición fóra deste horario, terán que poñerse en contacto co Gabinete Didáctico en: gabinetedidactico.museo@depo.es ou 986 804 100 (horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 14:30).

VER INFORMACIÓN SOBRE A EXPOSICIÓN

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra