Presentación no Sexto Edificio do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Actualizado 18/05/2017 00:00

museo de pontevedra

O venres 19, no Sexto Edificio, terá lugar un dos actos previos ao XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que este ano se celebrará en Combarro-Poio.

Nel Bernardo Maiz pronunciará a conferencia: O mar na historia de Galiza. Un percorrido sobre os principais feitos que condicionaron a nosa cultura, o noso xeito de entender o mar e como o ocupamos e vivimos.

Poderanse seguir as vicisitudes desta grande festa do mar que cada dous anos pon en valor as embarcacións tradicionais e o patrimonio marítimo en:

https://www.facebook.com/XIII.Encontro.Combarro.2017

http://combarro2017.culturmar.org/gl/inicio-3

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra