Carlos Casares (1941- 2002)

Actualizado 16/05/2017 00:00

museo de pontevedra

Na sala de investigación do Museo de Pontevedra pode verse unha ampla selección bibliográfica de primeiras edicións da produción literaria de Carlos Casares Mouriño, a quen a Academia dedica este ano o Día das Letras Galegas.

A exposición pon de relevo o valor literario da figura homenaxeada, sobre todo pola súa faceta de ensaísta e narrador máis ca de poeta, sen esquecer a importancia que lle deu a lectura na infancia, creando e traducindo contos. Por todo iso acadou moitos premios.

Destacado articulista e facedor de bosquexos biográficos de figuras senlleiras da nosa cultura, coas que en moitos casos mantivo unha relación de amizade, a mostra engade ademais estudos sobre arte e monografías topográficas, e mesmo inclúe a escasa poesía que produciu, na que salientamos a dedicada a Rosalía no ano 1963 publicada na revista Grial, da que el mesmo foi director no ano 1988.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra