Presentación do libro Secretos de una crack

Actualizado 18/04/2017 00:00

museo de pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto.

Na novela nárrase a historia dunha galega pertencente á década de 1950, que pretende mellorar o ensino e logo traballar por unha repartición equitativa da riqueza, introducíndose en política co apoio dunha figura de recoñecido prestixio, que a emboba coa forma de falar e a súa sinxela vida, e todo iso despois de sufrir un contratempo moi importante que podía destruír o seu estilo de vida, pero sobreponse cunha maior dedicación aos estudos.

Secretos de una crack é un libro dirixido especialmente ás persoas das décadas entre 1940 e 1970, xa que se plasman os movementos sociais que sucederon ata o ano 1982 que, en palabras do propio autor, "faranlles evocar moitos momentos, pero tamén para os máis novos que saben de moitos sucesos desa época porque llos contan os maiores ou porque tiveron acceso a moita información por diversas canles", explica.

Félix Alfonsín inspirouse nos grupos xuvenís, sobre todo de mozas, que destacaban na súa adolescencia e mocidade, sobre as formas de diversión e dedicación aos estudos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra