Apertura das Ruínas de San Domingos. Visitas guiadas.

Actualizado 03/04/2017 00:00

museo de pontevedra

A partir do martes 4 de abril vólvense a abrir ao público as Ruínas de San Domingos, ocasión para coñecelas participando nas visitas guiadas.

Nelas, dunha forma sinxela, afondarase na historia do antigo convento e da igrexa da orde dominica, nas súas transformacións e nos usos ás que se veu sometida ata a recuperación e salvagarda da cabeceira gótica, sendo esta de especial singularidade en Galicia.

Horario de apertura ao público:

De martes a sábado: de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

Domingos e festivos: de 11:00h a 14:00h.

Visitas guiadas:

Días: de martes a venres (excepto Xoves e Venres Santo)

Horario: ás 12:00h e ás 17:30h.

Non é necesaria inscrición previa

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra