Presentación do libro Cuntis na época romana

Actualizado 20/03/2017 00:00

museo de pontevedra

O xoves 23 de marzo, no Sexto Edificio, ás 20 horas horas, presentarase o libro Cuntis na época romana obra de Héitor Picallo formará parte da colección titulada A Memoria da Auga.

Cuntis na época romana pretende ser unha obra na que se recompila gran parte dos datos históricos e arqueolóxicos vinculados ao concello Cuntis, facendo fincapé no feito de que se trata dunha "cidade termal" bimilenaria. O autor botou man de moita documentación manuscrita, conservada en diversos arquivos galegos (ACL, ACS, AHPPo, Arquivo do Museo de Pontevedra, AHDS, AHUS...) e no resto do Estado (fundamentalmente aquela que se garda na biblioteca da RAH - Madrid). A obra vai prologada por un dos maiores investigadores actuais, Juan Manuel Abascal Palazón (membro correspondente da RAH, igualmente do Deutsches Archaölogisches Institut, catedrático da Universitat d'Alacant...), e recibiu moitas outras colaboración que enriqueceron o traballo de Héitor Picallo.

O libro está estruturado en catro capítulos: “As augas quentes da nación celena”, “Divindades na terra das augas”, “Monumentos para os deuses mortos” e “As augas das deusas”.

Inclúe, ademais, unha ampla colección de documentos históricos (concretamente vintesete transcricións), na que se dá conta de achados arqueolóxicos, reflexións históricas, acontecementos, e actas notariais planos, fotografías (actuais e antigas), augatinas, debuxos dos séculos XVIII e XIX que avisan do pasado romano da vila de Cuntis.

No acto, participarán: Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra; Juan Manuel Abascal Palazón, da Universitat d'Alacant e correspondente da RAH; Xosé Leal,deputado provincial; Suso Novás Andrade, licenciado en Historia e o propio Héitor Picallo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra