Obradoiro de Entroido 2017

Actualizado 14/02/2017 00:00

museo de pontevedra

Maruja Mallo.Tras da máscara

Este ano, o obradoiro de Entroido xirará en torno á figura homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017, Maruja Mallo, soando como preludio da celebración que terá lugar o 1 de abril.

O obradoiro consistirá na creación dunha máscara inspirada nas que pintou reiteradamente á artista galega, afondando tamén na idea de “máscara humana” que ela creaba en si mesma reinventándose a través da maquillaxe.

Ademais, os nenos e nenas coñecerán a obra orixinal que exhibe o Museo na terceira planta, descubrindo pouco a pouco algunhas das principais facetas desta muller transgresora no seu tempo e xenial artista da Xeración do 27.

Idade á que vai dirixido: 5 a 12 anos

Días: luns 27 e martes 28 de febreiro

Horario: de 11:00 a 13:00 horas

Número de participantes: 15 por quenda

Lugar: Sexto Edificio

Necesaria inscrición previa a través do Gabinete Didáctico: tlf. 986.804.100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es (recepción de correos-e e chamadas de luns a venres de 8:00 h a 15:00 h).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra