Bonecas de papel e outros xoguetes do século XIX na colección do Museo de Pontevedra

Actualizado 02/01/2017 00:00

museo de pontevedra

Neste artigo faise un percorrido pola colección de bonecas de papel e outros xoguetes do s. XIX do Museo de Pontevedra, unha pequena representación presente na institución grazas ás doazóns de distintas familias burguesas da cidade como as irmás Mendoza Babiano, as señoritas Domercq ou os García Solís.

Pregos da revista La Poupée Modèle con vestidos para recortar e boneca de papel co seu vestido

Un conxunto sen dúbida interesante no que se inclúen marionetas de papel (pantins), bonecas recortables cos seus correspondentes vestidos, láminas con soldados en ringleira e un prego para a construción dun Fenaquistiscopio, un xoguete en forma de disco que permitía ver as imaxes en movemento. Aos anteriores, todos en soporte de papel e por tanto de menor custo, súmanse catro bonecas, unha Mignonette (boneca de peto) en biscuit e tres china dolls facilmente identificables polo seu rostro de porcelana vidriada, redondeado e cuns coloretes sonrosados. Todas elas, nas que son visibles as deterioracións e remendos propios do uso, constitúen un complemento indispensable para as casas de bonecas, un dos xoguetes predilectos do período que nos ocupa e dos que na nosa colección consérvanse varios exemplos de mobiliario en miniatura: un conxunto de sofás de salón en estilo modernista, un diván en raso azul, unha randeeira de pasta imitando o carei e un candelabro de cristal fiado da fábrica de vidro de Nevers (Francia).

Ver artigo completo en PDF

Premer nas imaxes para ampliar

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra