Presentación do libro Furious Monkey House. Corre, mono, corre

Actualizado 25/11/2016 00:00

museo de pontevedra

O mércores 30 de novembro o Sexto Edificio será o escenario que acubille a presentación do libro Furious Monkey House. Corre, mono, corre, un libro editado por Planeta no que descubriremos quen son Furious Monkey House, como se formou a banda, o seu universo e o do seu primeiro disco: Run (Esmerarte/Atresmúsica).


O libro cóntanos en clave de banda deseñada a historia de Monkey, como se transformou nun mono sabio, tolo e furioso loitando contra a malvada Ilsa Atchung coa axuda do seu amigo o indio Tomahawk. Inclúe xogos e actividades para aprender a tocar as cancións do grupo coas letras en castelán e inglés, trucos. Contén ademais 40 páxinas de ilustracións da banda e debuxos dos personaxes da narracións sobre os seus comezos. Convértese, pois, nunha experiencia que permite aos seus seguidores mergullarse no mundo da música, coñecendo as súas orixes, a súa historia, estilos, curiosidades, e por suposto, aos membros del grupo.

Furious Monkey House é unha banda de rock de Pontevedra formada por cinco compoñentes de entre 12 e 14 anos e un mono furioso. Tocan en concertos aos que van milleiros de persoas, gravan discos en Londres, son nominados a banda revelación do ano e teñen unha lexión de fans.

O acto, no que participarán Furious Monkey House, Rodrigo Cota e Santi Paredes, dará comezo ás oito da tarde e o acceso será libre, ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra