Samaín no Museo

Actualizado 18/10/2016 00:00

museo de pontevedra

Unha sesión de contacontos de medo e un obradoiro plástico literario, son as actividades que organizamos este ano para nenas e nenos con motivo do Samaín, da man de Raquel Méndez da editora OQO.

MEDOMEDÁ:

Sesión de contos de medo onde nenas e nenos deixarán voar a súa imaxinación grazas as palabras e as obras de arte.

Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 10 anos (poden estar acompañados por algún adulto).

Data: 29 de outubro

Hora: 18:00 h

Aforo máximo: 30 nenos e nenas.

Observacións: poden vir con disfraces para a ocasión.

Inscrición: Gabinete Didáctico, correo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es; teléfono 986 804 100 extensión 42413 (de luns a venres en horario de 8:30 h a 14:30 h

OBRADOIRO DE APÓCEMAS E TRANSFORMACIÓNS:

Obradoiro plástico e literario no que os rapaces e rapazas crearán apócemas e conxuros coma auténticos aprendices de magos e bruxas. Os contos e os libros de feitizos serán a fonte de inspiración para este obradoiro.

Destinatarios: nenos e nenas de 8 a 11 anos.

Data: 31 de outubro.

Horario: de 11:30 h a 13:30 h

Número de participantes: 20

Observacións: que traian roupa que se poda manchar.

Inscrición: Gabinete Didáctico, correo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es; teléfono 986 804 100 extensión 42413 (de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra