Ven coñecer o Museo

Actualizado 29/09/2016 00:00

museo de pontevedra

A partir do sábado 1 de outubro retomaranse as visitas guiadas do programa Ven coñecer o Museo, unha invitación a descubrir a historia e as coleccións do Museo de Pontevedra. Celebraranse as fins de semana ata o 28 de maio. A participación en calquera delas é gratuíta.


A Ruta do Museo

Ruta guiada na que se pretende unha aproximación á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.

Data: tódolos sábados

Hora: 11:30 h

Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

Duración: 90 minutos

Para participar é necesaria a inscrición previa a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413.

O horario de atención de chamadas e de correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30 h.



Achégate ó Sexto!

Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións.

Data: domingos

Hora: 11:30 h

Punto de encontro: Sexto Edificio

Duración: 90 minutos

(Non é necesaria a inscrición previa)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra