Un artigo en galego de Sánchez Cantón para o Día de Santiago de 1936

Actualizado 22/07/2016 00:00

museo de pontevedra

Resulta practicamente descoñecido o feito de que Francisco Javier Sánchez Cantón, quen foi patrono fundador do Museo, ten obra en galego entre o grande volume dos seus traballos sobre os máis diversos temas. No arquivo documental custódiase a documentación que el lle legou no seu testamento. É por iso que conservamos correspondencia, guións de conferencias e mesmo algunha obra de creación literaria en lingua galega.

Nesta sección queremos dar a coñecer un artigo que Valentín Paz Andrade lle pedira a Francisco Javier Sánchez Cantón para un número especial do xornal El Pueblo Gallego do Día de Santiago de 1936 que habería de ter como fío condutor o Estatuto de Galicia, recentemente aprobado. Sánchez Cantón contestou con estas liñas sobre unha visión da arte en Galicia que enviou a Filgueira cunhas breves instrucións datadas o 17 de xullo para que corrixise, depurase e valorase a conveniencia ou non da súa publicación. Como conta o propio Filgueira na recompilación que publicou en 1991 no tomo XXV de Bibliófilos Gallegos baixo o título de “Obra en Galego”, a carta-artigo nunca se botou ao correo e o orixinal permaneceu inédito e oculto durante corenta anos, cando el mesmo atopou o material nunha revisión do arquivo de Sánchez Cantón.

Ver artigo completo en PDF
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra