Exposición Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920)

Actualizado 04/04/2016 00:00

museo de pontevedra

Ata o 5 de xuño estará aberta ao público na sala de exposicións temporais do Sexto Edificio a mostra Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920).

Nesta exposición pásase revista á produción artística, sobre todo a de carácter especialmente pictórico e autónomo realizada por Castelao entre 1905 e 1920. Ao primeiro ano corresponde unha acuarela “escolar”, na que firma como Daniel Rodríguez C. Daniel era o nome co que sempre foi coñecido no seo familiar. Desde 1908 asinará practicamente xa todos os seus traballos como Castelao sen máis. Fíxase 1920 como remate da mostra polos cambios de todo tipo que, tras a exposición do Álbum Nós, se producen no seu quefacer artístico.

A mostra reúne por primeira vez todas as obras de gran formato das que hoxe temos constancia que executou e que se encontran en Galicia.

Premer nas imaxes para ampliar

VISITAS GUIADAS POLO GABINETE DIDÁCTICO DO MUSEO

Mércores e sábados ás 19 horas (a partir do 9 de abril)

Para todos os públicos.

Non se precisa inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra