Cine infantil

Actualizado 23/02/2016 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra colabora coa ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses que organiza no Sexto Edificio a proxección de dúas películas de animación 3D.

A entrada é de balde ata completar aforo pero hai que recoller previamente a invitación na recepción do Sexto Edificio.

O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN

Sábado 27 de febreiro, ás 17 h

É unha película española de animación 3D que conta a aventura de Elena , unha moza racional e pouco soñadora que vendo como o seu padre está enfermo de tristeza non dubida en seguir os pasos que conta a lenda para introducirse no mundo dos soños e devolverlle ó seu pai a ilusión.

MAIMIÑO

Sábado 5 de marzo, ás 17 h

Conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e emprende unha viaxe chea de aventuras na que se enfrontará a un bosque encantado e debe aprender a utilizar a súa intelixencia para superar todos os obstáculos.

É a primeira película de animación 3D galego cubana. Foi galardoada co premio Mestro Mateo á mellor película de animación en abril de 2015.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra