As cornetas do Museo de Pontevedra

Actualizado 17/02/2016 00:00

museo de pontevedra

A colección de cornetas de corno de cabra ou carneiro que se conserva no Museo de Pontevedra chegou a través de Casto Sampedro e a Sociedade Arqueolóxica. Son instrumentos ancestrais que noutrora deberon ser frecuentes en Galicia utilizados polos pastores.

O pasado 4 de febreiro estivo probando como soaban Abraham Cupeiro, músico experto en interpretación de instrumentos históricos, que compaxina a súa actividade como profesor do Conservatorio coa investigación, a composición e a recreación de antigos instrumentos.

Neste vídeo amósanse os resultados da experiencia coas explicacións que sobre cada un destes instrumentos extintos dá o propio intérprete.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra