Como debuxar o labirinto de Mogor? Vídeo

Actualizado 26/01/2016 00:00

museo de pontevedra

No Museo de Pontevedra consérvanse varios fragmentos de rochas con petróglifos e os baleirados en escaiola que realizara na década de 1920 Ramón Sobrino Buhigas. Entre estes últimos cabe subliñar o coñecido como Labirinto de Mogor, o enigmático gravado realizado en dúas das pedras do conxunto situado en Mogor (Marín, Pontevedra).

Neste vídeo amosamos como se pode trazar esta figura que tanto interese espertou entre as persoas dedicadas a investigación e o público en xeral.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra