Dúas imaxes do Pórtico da Gloria no Museo de Pontevedra. Vídeo

Actualizado 28/09/2015 00:00

museo de pontevedra

No Museo de Pontevedra consérvanse dúas estatuas columna que formaron parte da fachada exterior do Pórtico da Gloria. Neste vídeo divulgativo amósase o seu posible emprazamento e a evolución que experimentou a célebre obra do Mestre Mateo.

Trátase de dúas figuras do Antigo Testamento, posiblemente dous profetas, realizadas por membros do taller do Mestre Mateo preto de 1188.

Estas pezas están no Museo desde o ano 1956 cando foron adquiridas ós Condes de Gimonde.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra