Domingos Musicais no Sexto. Silvia Penide

Actualizado 16/02/2015 00:00

museo de pontevedra

A cantautora galega Silvia Penide actuará o domingo 22 dentro do ciclo Domingos Musicais no Sexto. Será ás 19:30h.

Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público e que empezan a ver a luz no seu primeiro LP, Kilómetros (2002), seguen madurando en Invisible (2005) e Desafinante Crónica (2007) que se coa en diferentes programas de Radio3 ou M80 entre outros.

Con continuos concertos por toda a Península e en salas de países como Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña, o universo particular de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.

O seu EP Las Erres Dobles (2010) gravado con Juan de Dios Martín, dá un paso máis alá conseguindo colocar a Silvia en boca de moitos, soando en programas como 21 días da canle Cuatro ou con boas críticas e mencións en publicacións como Mondo Sonoro ou Rolling Stone. É entón, ademais, cando empeza a tocar en teatros onde se define o son da súa banda, despois de compartir cartel en diferentes eventos con artistas do talle de Xoel López, Annie B. Sweet, Mercedes Peón, Felix Arias, Mäbu...

A finais de 2014 é finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega, actualmente encóntrase promovendo Animal de Compañía (Reedición 2014) álbum que reedita tras esgotar varias edicións vendidas e co que segue subindo chanzos e consolidando a súa carreira. Este último traballo leva ademais consigo un DVD no que o responsable do son é Ricardo Escassi, que traballou en xira con artistas como Russian Red e como guitarrista formou parte de Radio Futura, entre outras bandas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra