XIII Memorial Filgueira Valverde

Actualizado 30/10/2014 00:00

museo de pontevedra

Os días 5, 6, 12 e 13 de novembro ás 20 h, o Sexto Edificio do Museo acolle a celebración do Memorial Filgueira Valverde, na súa décimo terceira edición, dedicada ó polígrafo pontevedrés protagonista do Día das Letras Galegas do vindeiro ano. A entrada é libre ata completar aforo.

O Memorial Filgueira Valverde naceu en 2001 como unha iniciativa complementaria das actividades programadas pola Cátedra Filgueira Valverde, creada en 1997 pola Caixa de Aforros de Pontevedra no seo da Universidade de Vigo para apoiar e potenciar proxectos de investigación nacidos nos Centros pertencentes ao Campus de Pontevedra.

Pese á desaparición da Cátedra, a Vicerreitoría responsable do Campus pontevedrés mantivo a continuidade anual dos ciclos de conferencias que no outono conforman o Memorial, centrados sempre na análise e valoración de asuntos de actualidade, de alcance e significación moi dispar, todos, en calquera caso, do maior interese científico.

A elección pola Real Academia Galega do profesor Filgueira Valverde como a personalidade á que se lle vai dedicar, en 2015, o Día das Letras Galegas preséntase como unha excelente ocasión para ofrecer unha visión actualizada sobre algúns aspectos esenciais da traxectoria intelectual e pública do recoñecido polígrafo pontevedrés.

PROGRAMA

Día 5 de novembro

Xesús Alonso Montero

Catedrático emérito da Universidade de Santiago. Presidente da Real Academia Galega

Ciencia e conciencia na biografía intelectual de Filgueira Valverde

Día 6 de novembro

Ramón Villares Paz

Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Presidente do Consello da Cultura Galega

Filgueira Valverde: do Seminario de Estudos Galegos ao Consello da Cultura Galega

Día 12 de novembro

Xosé Carlos Valle Pérez

Director do Museo de Pontevedra. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes

Filgueira Valverde e Pontevedra. Datos e conxecturas

Día 13 de novembro

Xosé Ramón Barreiro Fernández

Catedrático emérito da Universidade de Santiago. Membro da Real Academia Galega

Filgueira Valverde historiador

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra