Dous grecos no Museo

Actualizado 24/06/2014 00:00

museo de pontevedra

Tralo remate das visitas guiadas que o Museo organizou para conmemorar o IV centenario da morte do xenial pintor Doménico Theotokopoulos (Candía 1541 - Toledo 1614), por todos coñecido como El Greco, queremos recordar a historia das dúas obras do seu taller que posúe o Museo de Pontevedra: Os apóstolos Pedro e Pablo e A expulsión dos mercadores do templo.

Ámbalas dúas obras ingresaron no Museo na década de 1940 como depósito do Estado.

Nas visitas guiadas ademais de facer unha achega á peculiar forma de concibir a pintura o célebre artista, tamén se amosou a súa influencia en dous artistas galegos do s. XX como foron Jesús Rodríguez Corredoyra (Lugo 1889-1939) e Pedro García Lema (Mazaricos 1906 – Noia 1989).

Ver a información sobre estas obras en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra