En el locutorio de Luis Menéndez Pidal e o Apostolado de Oviedo de El Greco

Actualizado 12/06/2014 00:00

museo de pontevedra

Un cadro costumista de Luis Menéndez Pidal que na actualidade pertence á colección do Museo de Pontevedra, permítenos achegarnos a unha das máis destacadas obras deste pintor asturiano e tamén apreciar ó valor documental engadido que supón o mostrar o emprazamento do Apostolado de Oviedo de El Greco no lugar no que o propio Menéndez Pidal o redescubriu en 1893, o mosteiro beneditino de San Pelayo da capital asturiana.

Premer na imaxe para ampliala

O cadro, un óleo sobre lenzo de formato medio, pintado cara 1908, pertence á mellor etapa do artista. Narra un asunto costumista de ambientación relixiosa: a visita dunha nena á súa irmá monxa de clausura. A escena situada no interior do sobrio locutorio permite ó artista realizar un certeiro estudo de luz artificial.

Desde 1918, data na que figura formando parte da XIV Exposición de Pintura Española organizada por Pinelo en Bos Aires, en que sería vendido, ata 1961 en que ingresa no Museo de Pontevedra depositado por José Fernández López, non se volveu a coñecer o paradoiro desta obra adquirida definitivamente polo Museo en 1994.

A recente intervención de restauración e limpeza da pintura permite identificar claramente tres das obras de El Greco que Menéndez Pidal reproduce no cadro, as tres centrais que, de esquerda a dereita, se corresponden con San Pedro, San Lucas e Santiago o Menor.

Ver artigo completo (PDF)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra