130 anos da chegada do tren a Pontevedra

Actualizado 08/04/2014 08:22

museo de pontevedra

O venres 16 de maio de 1884, chegou por primeira vez a Pontevedra o Ferrocarril. Tratábase dunha viaxe de proba no novo tramo ferroviario Redondela - Pontevedra. Este sería a viaxe precedente ó da inauguración, que tería lugar o 30 de xuño dese mesmo ano. A partir do día 1 de xullo os pontevedreses xa poderían viaxar tanto ata Vigo coma ata Ourense en tren. A viaxe a Vigo custaba 1,65 pesetas e a Ourense 7,25.

Fotografía realizada por Francisco Zagala o 16 de maio de 1884. Museo de Pontevedra

Fotografía realizada por Francisco Zagala o 30 de xuño de 1884. Museo de Pontevedra

Habería que esperar a 1899 para poder facer o mesmo entre Pontevedra e Santiago de Compostela, tras a inauguración do tramo Pontevedra -Carril o 24 de xullo dese ano.

En ambos os dous casos, a inauguración destes traxectos non estivo exenta, por unhas ou outras razóns, de polémica.

No seguinte artigo nárranse estes acontecementos a través da prensa do momento e fotografías da época.

Ver artigo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra