Interpretación dunha das escenas do antigo retablo de Santa María

Actualizado 02/04/2014 11:00

museo de pontevedra

No Sexto Edificio expóñense os cinco relevos que se conservan do antigo retablo da capela maior da igrexa de Santa María de Pontevedra realizados por Jácome de Prado ca. 1623 . Foran salvados da súa destrución pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra que os entregou ó Museo en 1929.

Os relevos expóñense arredor dun debuxo do antigo retablo no que aparece a posición que ocupaban. O relevo que falta está en restauración.

Debido ó seu mal estado de conservación, a estrutura arquitectónica do retablo encomendado a Francisco de Antas foi substituída a comezos do s. XX polo retablo neogótico que podemos ver na actualidade, realizado por Maximino Magariños.

Nun dos relevos do desaparecido retablo represéntase o nacemento da Virxe. Aquí presentámosche en PDF a interpretación da escena que fai o pediatra Gonzalo González Lorenzo.

Premer na imaxe para ver a interpretación

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra