O Tributo ó César

Actualizado 18/07/2013 08:36

museo de pontevedra

O Tributo ó César, un lenzo asinado e datado polo pintor romanista Michiel Coxcie (Malinas- Bélxica, 1499-1592), alcumado polos seus contemporáneos como o "Rafael dos Países Baixos", acaba de incorporarse ó Museo de Pontevedra. O cadro, que pertenceu orixinalmente á colección do rei Felipe II, chega ó Museo como doazón de dona Milagros Pedrosa Roldán.

Michiel Coxcie destacou como pintor, tanto de retratos coma de escenas alegóricas e relixiosas, ademais de como deseñador de vidreiras e tapices. Foi un dos máis influentes e solicitados artistas do seu tempo e gozou do recoñecemento e mecenado dos Habsburgo

Este óleo é un traballo tardío deste artista tan lonxevo. Nel nárrase o episodio no que Xesús pronuncia a frase: Pagade ó César o que é do César e a Deus o que é de Deus, ante un fariseo que lle mostra unha moeda de ouro acompañado doutros dous máis representados aquí vestidos á flamenca. Os rostros individualizados dos personaxes parecen verdadeiros retratos.

O episodio sitúase no medio dunha arquitectura clásica nunha composición plenamente rafaelesca.

Ver artigo completo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra