Moda na praia

Actualizado 04/07/2013 12:16

museo de pontevedra

A chegada da tempada estival e en consecuencia o bo tempo, despois dun longo inverno, permite o desenvolvemento de múltiples actividades ó aire libre. Unha das máis esperadas é para moitos a posibilidade de poder trasladarse á praia para gozar do sol e os baños de mar; os beneficios desta práctica xa eran considerados en tempos pasados. Diso xa se facían eco as principais revistas de moda do século XIX que coa chegada do verán publicaban nos seus números diversos artigos dedicados a este tema onde distintos expertos médicos aportaban múltiples consellos — especialmente dirixidos ó público feminino e infantil da clase burguesa — sobre a maneira en que se debían realizar os baños na auga do mar así como os seus beneficios ou as consecuencias negativas dunha mala praxe.

Ver artigo completo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra