A arte de estar bela

Actualizado 13/06/2013 08:22

museo de pontevedra

Achégase o verán e, como cada ano por estas data, a coñecida como prensa feminina, vese inundada con publicidade relacionada, dun modo ou outro, coa chamada operación bikini. Un concepto estacional e recente que, sen embargo, mostra preocupacións e propón métodos e remedios que, sorprendentemente, non son tan novos.

Desde finais do S.XIX e sobre todo xa entrados no S. XX, a publicidade en prensa desenvólvese enormemente.

Cada vez cun maior atractivo formal, aparecen anuncios ofrecendo produtos que obedecen ás necesidades e preocupacións estéticas que se lles supoñían ás mulleres do momento.

Hoxe presentámoslles algún deles, extraídos de diferentes revistas da nosa espléndida hemeroteca.

Sen dúbida, o que más chamou a nosa atención é o que encontramos nunha revista francesa, Le rire, datada en 1900. Trátase dun aparato masaxeador eléctrico, de doado uso doméstico que, tal e como reza no texto que o ilustra, “con dous meses de emprego, o M.L. Merigot obtén reducións de talle de 10 a 12 centímetros. A carne reafírmase, as enrrugas desaparecen”. Proseguen as recomendacións e non deixan de indicar que será moito máis efectivo se se combina o seu uso cunha loción matinal chamada, Eau Aurifère, auga electrificada ó ouro puro… ¿Sóalles todo isto?

Fátima Cobo Rodríguez

Coordinadora de Exposicións e Actividades Culturais

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra