Roberto Vidal Bolaño nos fondos bibliográficos do Museo

Actualizado 15/05/2013 13:05

museo de pontevedra

Neste ano 2013 homenaxéase ó escritor Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) do que no seguinte artigo amosamos unha breve sinopse da súa obra como autor, intérprete, director, crítico e grande impulsor teatral.

As súas arriscadas postas en escena, as súas creacións dirixidas ó público infantil enraizadas na cultura popular e ó público adulto nas que, con pequenas excepcións, se poñen de manifesto os problemas políticos e sociais do momento, e a súa participación constante en comisións e mesas para normalizar o teatro galego, convérteno nun dos pioneiros na renovación da dramaturxia galega.

Ver artigo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra