Dous versos portugueses do s. XVI no Museo

Actualizado 20/02/2013 14:10

museo de pontevedra

Ademais de varios canóns de tempos posteriores, entre os que sobresaen os procedentes do combate de Rande (1702), no Museo exhíbense dous versos portugueses feitos en bronce que deben pertencer ós reinados de Manuel I (1469) e Sebastián I (1554-1578), segundo afirma Yago Abilleira no artigo que se pode consultar premendo aquí.

Os versos e falconetes (estes últimos dun calibre un pouco maior) eran armas de retrocarga que se usaban en terra, pero sobre todo a bordo dos barcos do s. XVI nas regalas dos costados de proa e popa. Ían unidos por unhas pezas cilíndricas (muñóns) a unhas gallas que se introducían nun oco na madeira, polo que podían xirar ó tempo que cambiar o ángulo de elevación.

Coa finalidade de dar a coñecer as súas partes, denominacións, características e dimensións amósanse estes gráficos explicativos da autoría de José Manuel Castaño.

Picar sobre a imaxe para ampliala

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra