Hai cen anos faleceu en Pontevedra o popular loro Ravachol

Actualizado 17/01/2013 13:54

museo de pontevedra

O 26 de xaneiro cúmprese o centenario do pasamento do loro Ravachol

Así describe o acontecimiento o xornal pontevedrés La Correspondencia Gallegado día 27: “Víctima de enfermedad desconocida falleció ayer Ravachol, aquel loro singular que desde su puesto de la Botica de la Peregrina, tuteó con gracia y sin respeto a importantes señores y a sufridos menestrales, espanto de princesas y de pescadoras”.

O célebre loro converteríase en 1985 no símbolo por excelencia do Entroido da cidade de Pontevedra, que todos os anos o recorda e lle rende homenaxe co seu velorio e co multitudinario acompañamento previo á súa cremación. Unha escultura perpetúa a súa memoria no lugar onde se atopaba a botica do seu dono, Perfecto Feijoo.

Para ter máis información sobre os seus avatares pódese consultar o artigo de Xosé Fuentes Alende publicado nesta web.

Ver artigo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra