Rematan con éxito os “Primeiros encontros coa banda deseñada” del Museo de Pontevedra.

Actualizado 30/11/2012 14:36

museo de pontevedra

O evento arredor da historieta que os pasados días 27 a 29 celebrou o Museo de Pontevedra, conclúe botando uns resultados satisfactorios. As tres charlas, oficiadas por autores patrios consagrados e de recoñecemento nacional e mesmo internacional, foron presenciadas por un público expectante, moi atento e sobre todo heteroxéneo: variadas idades, estudantes, profesionais do medio, lectores e tamén persoas curiosas descoñecedoras do mundo da historieta.

Ás decenas de visitantes que acudiron a cada charla (entre trinta e oitenta, segundo relatorio) hai que sumar unha emprendedora iniciativa por parte do Museo de Pontevedra: a retransmisión en directo dende a propia web do organismo. Dende o "streaming" (emisión en directo on-line) houbo picos importantes, como a conferencia de Pepo Pérez que, curiosamente, sendo a que menos público presencial recibiu (algo menos de corenta asistentes) foi vista na rede por picos de audiencia de 230 persoas.

Ademais, utilizouse a rede social "Twitter", dende onde o moderador das charlas propuxo un "hastag" e animou a participar con comentarios en directo e preguntas on-line (por exemplo, foi moi aplaudido o pase de imaxes inéditas da nova obra de David Rubín). Convite que tivo eco e foi transmitido na sala (en concreto transmitíronselle preguntas a Kiko Da Silva).

Queda a proposta destas charlas como unha experiencia nova no seo do Museo de Pontevedra de éxito, mesmo tanto de público como nas charlas e relatores, diversos, mesmo contrastados nos seus respectivos estilos, pero que mostraron un panorama artístico arredor do cómic plural, inquedo e moi vivo.





Comparte
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra