A Virxe en meditación de Il Sassoferrato no Museo

Actualizado 26/06/2012 14:35

museo de pontevedra



Unha obra do Museo del Prado enriquece a colección de pintura italiana do s. XVII do Museo.

O 13 de xuño de 2012 ingresou, en concepto de depósito do Museo Nacional del Prado, unha importante obra do pintor barroco italiano Giovanni Battista Salvi, Il Sassoferrato, (Sassoferrato, 1609-Roma, 1685). Trátase de A Virxe en meditación [P341], un lenzo de temática relixiosa, de gran calidade e refinamiento que, nos próximos días, pasará a formar parte da colección permanente do Museo de Pontevedra na Sala Italiana do edificio Castro Monteagudo.

Ver toda a información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra