O Museo na exposición Gallaecia petrea
Actualizado 29/06/2012 10:07 museo de pontevedra Dezanove pezas do Museo de Pontevedra forman parte da exposición Gallaecia petrea inaugurada o venres 15 de xuño no Museo de Galicia, na Cidade da Cultura. Como vén sendo habitual na realización de grandes exposicións, o Museo aporta algunha das súas obras máis relevantes, nesta ocasión pezas que van dende a Prehistoria ó s. XX. Enxovais funerarios de tecnoloxía neolítica, fragmentos de dolmens e cistas, un petróglifo, un busto de pedra procedente dun castro, dous miliarios romanos, un capitel e unha lauda prerrománica, un tímpano románico, unha imaxe de pedra calcaria e un baldaquino gótico, un portapaz de acibeche e unha labra heráldica da Idade Moderna e esculturas do s. XX da autoría de José Eiroa e Narciso Pérez, forman a escolma preparada para esta magna exposición. Picando nas imaxes pódense contemplar estas pezas e obter máis información sobre elas.
|
|
| © Copyright 2004-2012, Museo de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |