Obradoiros de verán
Actualizado 01/06/2012 08:21 museo de pontevedra O día 11 de xuño ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de verán do Museo. Con eles quérese potenciar o interese pola arte e polo patrimonio cultural dunha forma dinámica e entretida. Constarán dun obradoiro de arqueoloxía titulado Reconstruíndo o pasado: simulación de escavación arqueolóxica, un de pintura, Pinta no Museo, e outro de Cerámica. PINTA NO MUSEO (15 participantes por obradoiro) Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10:30h a 12:00h) Do 2 ó 6 de xullo Do 9 ó 13 de xullo Do 16 ó 20 de xullo Do 23 ó 27 de xullo Nenos/as de 9 a 12 anos (de 12:00h a 13:30h) Do 2 ó 6 de xullo Do 9 ó 13 de xullo Do 16 ó 20 de xullo Do 23 ó 27 de xullo RECONSTRUÍNDO O PASADO: SIMULACIÓN DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA (20 participantes por obradoiro que non o fixeran noutras ocasións) Nenos/as de 10 a 14 anos (de 10:30h a 13:00h) 2,3,4,5,6,9 de xullo 6,7,8,9,10,13 de agosto CERÁMICA (15 participantes por obradoiro) Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10:30h a 12:00h) Do 6 ó 10 de agosto Do 13 ó 17 de agosto Do 20 ó 24 de agosto Nenos/as de 9 a 12 anos (de 12:00h a 13:30h) Do 6 ó 10 de agosto Do 13 ó 17 de agosto Do 20 ó 24 de agosto O prazo de matricula será desde o luns 11 ata o venres 15 de xuño. As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación. No caso de haber máis solicitudes que prazas, o martes 26 farase un sorteo público entre os inscritos. O mércores 27 publicarase a relación de admitidos en cada obradoiro nas páxinas web do Museo e da Deputación, así como no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial. Descargar folla de inscrición picando aquí |
|
| © Copyright 2004-2012, Museo de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |