Sexto Edificio. Do 27 de decembro (inauguración ás 20:30h ) ao 29 de xaneiro Anxo Rial. Luces do mundo
Actualizado 20/12/2011 14:41 museo de pontevedra A nosotros los cormoranes, no nos gustan las masas, los gentíos y los
ruidos, somos aves de vuelo bajo, rasante, y descanso en roca en medio
del agua.
O texto que precede corresponde a un extracto dun relato do autor das fotografías que presentamos nesta exposición Anxo Rial. Luces do Mundo. É un parágrafo que, aínda que sacado do seu contexto orixinal, define a obra do fotógrafo. Rial, máis alá de limitarse a documentar gráficamente un espazo, unha paisaxe ou unhas xentes, mostra a través das súas imaxes unha característica e moi propia maneira de ver, de mirar, de capturar todo aquilo que, ó longo das súas apaixonantes viaxes, se mostra ante el. Na súa obra triunfan a serenidade, o silencio e a inmensidade do retido e, sempre, a luz. Incluso aquilo que supoñeriamos prosaico adquire nas súas fotografías un protagonismo e unha presenza que transforma o que para a maioría sería anécdota en historia. Co seu traballo, de aparente sinxeleza, o artista permítenos acompañalo nas súas viaxes polo mundo e ofrécenos a posibilidade de sentirnos absorbidos polo observado. O que xa non resulta tan obvio é que tamén nos está paseando polo seu propio mundo, un mundo no que reina a reflexión, a quietude e o silencio. Esta exposición é unha invitación a descubrir, a mirar e a volver mirar para captar dous mundos igualmente apaixonantes. |
|
| © Copyright 2004-2011, Museo de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 85 14 55 arriba | inicio | contactar | aviso legal |